





|
Como un mimo, a miña obra mestra é o silencio.
Como un escribán o meu oficio, é a letra ben feita.
Prudencia, insolencia, frivolidade, ousadía, cordura, loucura; son as combinacións cando a arte elixida está en días de folga.
Artesán das palabras que un día estiveron prohibidas, mariñeiro no mar das liñas que se negan a amainar.
Escultor de mundos irreais, de fronteiras compartidas, recoñezo o meu oficio cotián:
|
|
Facer e desfacer versos que esperan non desencantar.
Xa sei que non son xograr, nin lírico, nin trobador, só preciso deste anaco de soño, ou do que sexa, para seguir vivindo.
Remato este poema orgulloso da miña arte elixida, aínda que sei que está en días de folga. |


